luns, 14 de outubro de 2024

 a espiral galega, conversa con ANA MAR FRAGA

NACEMENTO, IDENTIFICACIÓN E CAMIÑOS DO CELTISMO

1. Onde nacen as línguas celtas? Por que esa sincronía? A situación xeográfica é

determinante?

As línguas celtas ou célticas son un grupo de idiomas pretencentes á familia

indoeuropea. O bretón en Franza, o córnico no Reino Unido, o gaélico – escocés, e o

galés tamén en Reino Unido e iranda así como o irlandés e o manés.

Todas as culturas celtas compartían a mesma estructura social, o mesmo sistema de produción

e a mesma experiencia artística. E teñen tradición oral e non crían na escrita.

Teñen dialectos inentilexíbeis entre si. Son línguas moi fragmentadas.

A situación xeográfica é determinante, falamos da cultura dos castros que eran conxuntos de

comunidades federadas. En Galiza hai arredor de 6.500.

O castro era a fortaleza, o mercado e o culto e contaban cun xefe do que dependían os demáis

poboadores.

Aínda no s.viii os celtas levaron a termo a súa última expansión.

Habitaron gz máis de cen pobos celtas. Foi ademáis nesta periodo celta os comezos do idioma

galego.

Os celtas destacaron por unha constante aproxiimación á Natureza.

2. Existen en galiza aspectos, é de supoñer, sociais e culturais celtas. Poderiamos nomear

os que consideres máis relevantes?

Induscutibelmente gz é celta e o celtismo segue presente no noso país, na nosa cultura que

están asentada nos seus piares sendo base e fundamento de lendas e ritos. E no noso país está

a orixe do bosque europeo. E isto xa desde o neolítico, despois de vinte século ese legado

segue practicamente intacto. Foi o descobremento do Home como valor en si, e con culto

principal á morte coas construccións tumurais. Eles adiviñaban no voo das aves, no lume, no

ceo e nas entrañas dos mortos sacrificados. Adoraban os montes, os ríos, as árbores...Non hai

señais de ídolos nen de templos peo si de poder sacros. Aprobeitaron os deuses que viron na

terra (a auga, o lume, a lúa, a sombra, o día, a noite, os mortos...) A sú visión do tempo era

cíclica, solsticios e equinocios. Sempre en pequenas sociedades tribais.

O medallón perdido representa a constelación das Pleíades (o trunfo do día sobre a noite). Ten

seis equenas aves antropomorfas e unha estrela no medio hexagonal.

Os marcos en gz asociámolos á transgresión. A deusa da vella do pau delimitaba co pau en

cada pedra a superficie de cada pobo. E había que ter coidado en non contradecir os seus

desexos intentando aproveitarse e coller o alleo temendo por isto males e enfermidades. De

aqui vén a idea do monte mancomún en gz.


3. Ao longo da historia houbo intercambios. Cales foron os máis importantes? Existe

permeabilización?


A língua celtíbera que se falou en España central é unha variante moi tardía da antiga língua

que xorde en galiza. Galiza non é só celta senón protocelta e berce, poderiamos dicir, do

mundo celta. Como o demostra a arte e monumentos megalíticos.

Gaz e irlanda polo adn temos confirmado que somos irmáns.

O poder creador da matria é o molde que nos vai facendo á súa imaxe e semellanza. Pero non

podemos concebir unha nación como superior. E non podemos dicir que antes dos celtas non

había nada, pois estos beberon da cultura Oestrymnia da primeira idade do bronce e

relacionados cos ligures e comúns en países bretóns ,ingleses e irlandeses ,e que

permaneceron ata a chegada de Roma.

Humanizaron a nosa paisaxe, os moitos túmulos fannos pensar no que debía ser gz. Eran

recolectores... Falamos dos tempos da cultura dolménica. Estas razas que precederon aos

celtas nas costas do Atlántico, Silures, Fir Bols, Pictos e coa invasión celta esta cultura non

desaparece, adáptase...On foron os celtas os que se adaptaron?

Tanto o poeta Avenio como o historiador Plinio o Vello dicían que estos pobos anteriores

desapareceran por unha invasión de serpes. Navegaban en barcas feitas de coiro cosido e

comerciaban cos tartesos e introduciron a cultura das furnas.

O mito de Breogán no libro das invasións de Irlanda enmárcanos nunha cronoloxía celta xa

desde o neolítico, no segundo milenio antes de cristo e cando se estaba forxando xa esta

cultura atlántica.

Ata nós chegaron os círculos, as espirais, as rosetas, as esvásticas de brazos curvos ou en

ángulo recto e os trisqueis.... e relacionados cos astros e a natureza. O trisquel está inspirado

no sol e é protector.

Os primeiros europeos quizáis se acubillaron na franxa norte da península. E dende gz

marcharían cara Irlanda e Gran Bretaña.

Deixáron-nos a metalurxia do ouro, da prata, do ferro e do bronce. E traballaron tamén a

pedra e a madeira para representar deuses.

Monumentos graníticos como os dolmes, os menhires, os cromlechs e antas, son grandes

construccións de pedra dde carácter funerario. E soen ser enterramentos colectivos. Tamén

aaprecen enterramentos en cistas individuais, son máis pequenas e en posición fetal.

Detacamos o Dolmen de Dombate, a Pedra coberta de Vimianzo, a Mámoa de Eirós en Vila de

Cruces,...

En gz ademáis constrúen dolmens de corredor: Casa de Mouros en Vigo (Candeán), o megalito

de Xoñeira, a Mámoa do Rei en Vilaboa, o Dolmen de Axeitos, o Chan da Arquiña en Moaña.

Menhires destacábeis son: Lapa de Gargantás en Moraña e a Pedra Chantada en Vilalba.

En santa maría de formigueiros en Lugo, a carón dunha ermida, xa desaparecida, facían até hai

moi pouco, o ritual de erguer o menhir e logo volvelo a fundir e segundo as necesidades de sol

ou choiva.

En Ourense o conxunto pétreo de Serra de Avión, no lugar de A Touza, hai dúas pedras, macho

e femia, a uns kilómetros o un da outra e facía ese mesmo ritual que sinalamos.


Existen en gz máis pedras. A Pedra da Choiva, que ten dúas posicións, unha de repouso e outra

de alzado.

O máis impresionante dos menhires “desmontábeis” do que aínda se conservan restos, está en

Tomonde, en Cercedo, Pontevedra. Feitos con pequenas pedras, servían para atarer asimesmo

o sol e a choiva e alonxar as treboadas.

Temos tamén A Roda, sito en Barreiros, en Lugo. Remontámonos hai 5000 anos. Como as que

hai en Britania.

Quizáis sexan lugares de reunión de clans, de orde política ou de orde relixiosa.

Dos 800 túmulos megalíticos en Lugo desapareceron máis do 18%.

Cabana de Bergantiños atesoura algún dos monumentos máis importantes da arquitectura

prehistórica de gz (Dombate e o Castro de Borneiros).

En gz temos catalogados máis de 5000 túmulos de diferentes formas e tamaños.

Na Costa da Morte hai unha importante cantidade de mámoas e dolmens, máis de 600.: Arca

da Piosa, mina da Parxubeira coñecida como dolmen de Corveira, en Eiròn (Mazaricos)Pedra

da Moura...

O misterio está servido, como esa néboa secular.


4. A muller celta...?

A muller celta era guerreira e poderosa, adestradas dende nenas no arte da guerra.

Era unha sociedade matriarcai, a muller celta tiña acceso áss súas pertenezcas e propiedades,

independencia e liberdade.

Tiña dereito a voto, sendo avanzadas para o seu tempo. Unha muller solteira e con fillos era

máis considerada que unha soltería ou viúva.

Aos homes celtas non lles importaba ser gobernados por unha muller e éstas defendían os

seus dereitos.

O matrimonio celta era constituído como unha especie de contrato que duraba un ano. Se ao

pasar ese tempo querían continuar reafirmaban o seu amor.

Os fillos ata os sete anos eran coidados pola nai. A partires de esa idade facía-no os pais.

Mentras que as fillas ficaban con elas.


5. As festas celtas...?

Por exemplo a Beltaine, o 1 de febreiro ligada ao gando caprún, que era do que se alimentaba

o pobo celta.

Lugnasad, o 1 de agosto ligada á avicultura e ao deus Lug, un dos máis importantes, o deus do

Sol.

O Sanmáin, a festa dos fachos e as cabazas e do Inframundo, no mes de outono.


Os druidas sabían escribir en grego e en latín; como os antigos sacerdotes exipcios. Sen

embargo optaron sempre pola vía oral.

O solsticio de verán, sempre adicado ao deus Belenus, época precristisna, pasou a ser a festa

de San Xoán pervivindo ata nos.


6. E os mitos...


A mitoloxía celta estaba conformada polo conxunción de tres persoas divinas nunha soa. ( O

número 3 era o ben e o mal.

Pasado. Presente. Futuro. Mente. Corpo e Espírito.

A mitoloxía celta tén un único principio feminino: Brigitte, considerada a última descendente

da gran deusa Dana ou Ana.

O mito da Santa Compaña, está tamén asociada ao pobo irlandés Sid.

O pobo corporo? AS PEDRAS?

o pobo coporo foi iniciador da agricultura cara os pobos europeos, é coñecido por unha

estela funeraria na cidade de Lugo no ano 1777 ao pé da muralla baixo imperial. estos pobos

para acadar a paz, pactarían co Emperador. os principes coporos, como xefes indíxenas

exercerían a súa autoridade. A inscripción funeraria pode ser do século i Circine é un

compás,marcaría moitos núcleos de formación. Pena de Rodas e o seu emprazamento como

posíbel altar asociado a el un ara-solis ou altar celta relacionando os Coporos con el .Só existen

no mundo dúas pedras parecidas á Pena de Rodas; están en Australia e son chamadas karlú,

karlú ou Pedras do Demo en territorio aborixen.

Tamén temos outra pedra chamada a Pena do Mouro nunha parroquia de Begonte chámada

Donalbai en Begonte, en Lugo. É un monumento á fertilidade solsticial feminina. Neste lugar, o

derradeiro raio do sol poñente no día de defuntos ilumnina a conca ocular dun imaxinario

cráneo dun can; no curso de auga cara o río Ladra.

Pena do Mouro son tres enormes piares de aproximadamente tres metros de alto sobre o que

se asenta outra pedra máis pequena. en línea recta chégase a Pena de Rodas en Outeiro de Rei

(Lugo)

A lenda di que esta pena é unha Moura e que dentro habita unha gran serpe.

A pedra era o Todo en Un e o Un en Todo.

A Pedra de Fal ou do destino, ou Pedra da Coroación; convertida no sitiai ou trono do rei

Arturo. No século ix o rei Eduardo I de inglaterra leva esta pedra da abadía Escone a de

westminter para protexe-la dos vikingos. Foi usada na coroación de diversos reis escoceses ata

o 1296 cando as tropas do rei Eduardo i de Inglaterra, a roubaron. Pesaba 25 toneladas.

Lia Fal ou Pedra de Tara ou do Destino. Situada na colina de Tara no condado de Mech en

Irlanda e tamén coroou a reis irlandeses.


A Pedra Scone traída de Xerusalén que se di tiña poderes máxicos moi fortes.

Moisés, en posesión da pedra de Fal, forma unha brigada e faise peregrino para encontrar un

reino ao novo deus e chega preto de Finisterre e fallecimiento trono,fundando a relixiòn

cristiana na cidade de Brigantium, coñecida ata hoxe como Galicia, así que a pedra é levada a

Irlanda polos cristianos orixinais.

No salón de plenos do Concello coruñés está unha talla do paso da pedra por Coruña.

A tumba de Arturo, Pedra de Arturo. É un dolmen datado do 3700 a.c. Ten a ubicación nunha

colina entre Dorstone e Herefordshire en Scone.


7. Que tribos celtas destacarías?

Pobo culto en varias comarcas; son tribos que dominan co seu esforzo terreos distanciados

entre sí.

Na primeira Idade do Ferro xa se tratou esta Gens a un territorio e sempre foi difícil a súa

adscripción.

Deixaron estelas funerarias decoradas con simboloxía circular, os Zoelas son de órixe

descoñecida, quizáis étnia máis antiga de Europa.

E difícil desglosar a etapa Castrexa e castrexa-romanizada, polos moitos castros deste espazo

xeogràfico, tamén contando que moitos castros foron arrasados durante a Colonización da

Comarca Terra Chá.

Os brácaros foron un pobo moi guerreiro, as mulleres tamén eran guerreiras e loitaban a norte

defendendo a súa cidade e sempre sen mirar atrás. Eran parte dos clans galaicos. Habitando o

territorio situado entre o ríos Támega e o Cávado. Nos seus territorios foi edificada no s.vi a.c.

Brácara Augusta.

8. Os montes... por que esa importancia tran crucial?

É un dos tres grandes montes gardiáns do fin da Terra, xunto co Pindo e o Guillerme e pico

sacro.

É un macizo granítico que emerxe da punto máis noroccidental da vila de Muros; separándoa

da Costa da Morte. A alenda fala dunha vila asulagada baixo inha làgoa.

O Monte Pindo é o gran xigante de pedra que abrangue as costas da fin do mundo; é o Olimpo

celta. E acubillo de mouros. Formado fai 350 millóns de anos e contén un mar de segredos.

Esta masa rochosa está chea de esculturas naturais. E ten grotas e covas. Cando entramos na

Cova do Acibro é como entrar nas entrañas da Terra. Celebraban aí os celtas o culto de

adoración ao Sol. E os ventos da nosa galiza lévanos a través dunha antiga travesía. Era a

transformación permanente. Cando respira a deusa Galiach Beare. A raíña da nova harmonía.

O tempo para os celtas era considerado por noites e non por días; un espazo máxico( terra,

mar e ceo).


9. A idea dunha nación galega celta, redefine máis o carácter galego propio?

É unha utopía. A GZ de misterios e fondos soutos... un gran sartego de monumentos

funerarios. Ten para nós un significado sacro.

Co carácter libre e de loita.

O canto celta, os “alalás” expresan dor, alegría e ira.

Herdanza druídica de xustiza, valentía e honor; sendo o Home o fillo do Cosmos. Nunca houbo

un imperio que os unira. Eran tribos cun cadansei líder. Os templos eran os teitos de estrelas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  LUGARES MÍTICOS DO REINO DE GALICIA , manuel gago Que convirte a un lugar nun lugar mítico? Pois a existencia de tradic...