luns, 14 de outubro de 2024

 illa, bucle, groenlandia de MARGARITA LEDO ANDIÓN por ronsel pan

Se nos achegamos á forma de mirar, de ver,

de ollar... de margarita ledo, acharemos un

mundo permeabilizado por unha identidade,

outra, a das alteridades, que pon no foco

tanto á neve, como ao equilibrio, como á

loita. Neve, loita, equilibrio... trata-se

de procesos de construción doutras vidas,

a das personaxes, nos que o real está

sempre presente.

A realidade que nos, lle fai, gardar o

surrealismo no corazón, nun corazón frío...

así o de breton vendo os debuxos de nadja,

para el horríbeis. Así o seu corazón

conxelado. Así o amor tamén.

Estamos perante 3 curtas inéditas que

designifican a perda, e atopamos o

encontro, nunha corda frouxa; e no

silencio dos berros que non emitimos. Na

frialdade do xeo que desaparece coa calor.

Emanado dos corpos destas mulleres,

encalidecemos nós mesmas; até a

extenuación. Porque aceptamos o reto.

E proclamamos a consigna de termos todas,

todo o tempo. Unidas nun bucle temporal

que nunca nos fai estar soas. As mulleres

republicanas e a súa resistencia a

postulados fascistas e patriarcais.

Vén sendo a loita por excelencia do século

pasado. E mentres, maría casares escolle

un vestido de cor branca; e casa con

marcel camus. E o amor permanecerá para

sempre. Ese vestido é a expresión visual

en m. ledo dun fragmento amoroso que no

inocuo ficará como imaxe transcendente.

Non hai apenas voz nestas 3 curtas pero si

escoitamos as reivindicacións no espazo de

san simón, na illa destas mulleres. A súa

voz remite ao seu corpo, ausente, e po-no

fóra de campo. Unha aparición, unha alma,

un espírito. Colectivo.

Gravar- en mise-en-abime, un recurso que

nos ofrece o corpo, e o espíritu, de

margarita ledo. Ela tamén unha personaxe

das súas obras. E vemo-la coa cámara,

facendo o que a ela máis lle gusta. Facer

cinema. O cinema, un lugar onde pousar a

cabeza. Ela que ten os seus espazos

predilectos: París, Galiza, Cuba....

E está atravesada por eles, tamén

Portugal, pero podemos dicir que m. ledo e

unha “afrancesada”, porque a guerra da

independencia non nos obsequiou co estado

francés, e ficamos á marxe de europa.

A pureza, a cor branca, nun mundo cheo de

escuridade e incertezas. A verdade como

material fundamental do cinema. E si, o

real, a política, en tódalas súas

manifestacións. As mulleres que loitan por

unha realidade máis pura, máis certa. Unha

realidade que nos permitiría a todas ser

máis felices.

Porque m. ledo é feliz. E esa felicidade

tamén lla trae o cinema. E nós somos

felices ollando. Ollando-a. Ollando-nos.

Mulleres que berran, que se queren, que

transitan os mesmos espazos, os mesmos

tempos, xuntas.

A soidade queda á marxe e mantemo-nos nas

mesmas coordenadas: “eu só quero ser o teu

amigo”. A amizade, motor sine qua non

dunha batalla na que permaneceremos

unidas. E penduramo-nos no ar, sen medo,

unha coa outra, porque aquí non é posíbel

a caída.

Só os voos. Só voar. Paxaros que cantan

porque son libres. Sen medo a caer, a

deixar o ceo. Un ceo xélido que arrefría

todo o territorio. Unha praza chea de xeo.

Unhas esculturas naturais, modeladas pola

forza dos ventos e rexistra-o. Rexistramos

o que queremos “pour toujours”. Tal cal

esa escultura de pedra; o corpo dunha

muller núa. O cinema.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

  LUGARES MÍTICOS DO REINO DE GALICIA , manuel gago Que convirte a un lugar nun lugar mítico? Pois a existencia de tradic...