MARGUERITE DURAS, o (des) amor.
Na noite, os amantes rotos que desexan pousar os seus beizos nos beizos do outro e se configuran nunha epifanía que os descompon, achánse sós. É por iso que aquí non haberá beixos. Xa non son eles, elas, senón un nós que nunca chega a pronunciarse. Porque a morte dos amantes e aquela do baleiro sen abrazos, sen miradas que atravesen o espazo. Non existe tempo para eles, abocados á morte, á noite. Nesta atmósfera de perda os corpos existen por e para eles mesmos e deixan de proclamar a anti-materia dun hipotético mundo metafísico. Así o pensamento abócaos ao discurso amoroso inexistente, ese que se manifesta nas palabras que firen; unha descomposición total e absoluta porque nunca foron pronunciadas. A voz, a voz off de m.duras convértese na figura narrativa que está do outro lado da imaxe. Esta, a imaxe, pertence ao dominio do instante decisivo e adquire a relevancia do nomeado a través dunha cartografía do amor, que sempre está ausente. A noite dicía, territorio dos mantes:ausencias e a presenzas para reificar a experiencia e para contrasta-la co momento chave no que se nomean nunha alteridade constante e ferinte. Porque o ser mediante a acción vese envolto nun mantra que é un experimento... Decidir a dirección ainda non instaurada. Nun hotel colonial, nun xardín, nun vecindario de franza, nun camión… todos estes escenarios levan o poder dos que se buscan no outro. Os espazos e os tempos dos seus filmes acubillan ás personaxes para desembocar no olvido, onde todo comeza e ao mesmo tempo remata: ausencias e presenzas. As personaxes destes filmes están ancoradas na esperanza pero cheos de perdas, mesmo a do propio ser que se fai e refai co ir e vir da acción: Eles queren comprender, amar, amar ata comprender. A trama preséntase como unha figura retórica, que circunda o suxeito e o modela como se fora produto mesmo da existencia dun deus que nunca chegou a coñecer. Unha forza exterior a de deus ou a do amor convírteas en seres que só poden e queren achegarse á beleza e á verdade. Nesta búsqueda o tempo condensado vólvese silencioso e deixa oco para a voz a de m.duras que se volve orgánica e intranarrativa. Asimesmo declárase da parte do silencio a través da palabra non dita que coa mirada, o territorio dos amantes, declina a imaxe cara o ponto da interferencia, onde se xuntan os intercambios, imaxe-carne.. Soñamos con espazos que nos remitan aos pasos do amante. A espellos que reflictan o rostro amado. A voces que descodifican a palabra para berrar o nome do amante ata que se achegue aos nosos beizos. Sen ningún signo de sufrimento. Sen batalla… Paz… Harmonicamente expostos á mesma performance. Aquela dos filmes de m. duras. Porque o amor en m.duras é asimesmo indefiníbel, incontábel, e por iso transcendente. Pero asimismo que desaparece, que foi acto nas rúas de parís, no deserto, na praia, no Ganges, en S.Thala ,en sumaria… pero que xa non é nada, néant. Só a beleza da destrucción. Como a destrucción do templo dos amantes que se aman e non coñecen o idioma do outro. Amar sen concesións e esquece-lo todo. Recomezar a mirar coa promesa dun amor como mans abertas. Vivir para recordar a través da néboa. E marchar para olvidar. E non querer morrer sen antes encontrar o amor. O amor belo, verdadeiro. Así decidimos emprender a viaxe, cun arcón vello- como o da imaxe de carol White- e ofrecer as flores no altar maior dunha deidade xa morta. Descompoñerse e olvidar o eu para, coa música dun violín ou un piano, facer revivir a esencia dunha viaxe sen fin coa esperanza de ser libres de si mesmos. Unha liberdade que os volve tolos durante ese periodo de convivencia e que os fai prender un lume co que exhortizar os augurios que pronostican malos designios. Un final que non é máis que un comezo nun tempo en espiral que os envolve. Si, estas persoanxes de m.duras aman porque non saben facer outra cousa e ao mesmo tempo morren, porque a morte constante é inevitábel. Ela, m.duras só pode escribir, como se falaramos dun delirio, dunha patoloxía e leva a marca punzante dela mesma non seus filmes. Nun acto meta-fílmico afirma que o que estamos a ver e precisamente un filme, é dicir, un dispositivo que tamén é necesariamente constructio artístico,a súa mirada. E a intervención, a fisura que se abre na pantalla crea unha especie de oco que terá inevitabelmente que ser coberto. Esta traxectoria que se exerce co visionado remite á xa nomeada retórica da imaxe ainda espida, núa e móstranos delicadamente a ocupación do espazo e a expansión do tempo suspendido. Porque a fin do mundo pode ser un incentivo para que estas personaxes e a propia m.duras vivan tan intensamente que só resulte posíbel o esencial: AMAR.
Pero estamos aquí diante dun amor que sobrepasa os límites do aceptado. Ninguén pode ser tan feliz, pero o son. E seguen a cobrer o ar cunha plegaria que os envolve coa misticidade do recoñecemento. Pero non falamos, non falamos porque todo se volve antigo, pasado, historia. O presente máis inmediato é o tempo deles, xuntos. Partícipes dunha experiencia común. Pero non se aboandoan ao outro. Xamais. Só aman. É o tempo do incendio, da ruina, da destrucción. Por iso resulta inevitábel escribir: con e contra a propia vida. Eles amánse. Porque o seu desexo de amar está a carón do seu desexo de porlle fin a todo. E así diríase que as pulsións de vida e morte están sempre presentes. Pero non sofren agás por elas mesmas. Non, estas personaxes son donas do seu propio corpo, dos seus propios sentimentos. E ainda así aman. Non queda nada, só ese amor indefinido que os sustenta e que sucede en plano secuencia. O cinema, a cámara. En planos secuencia pero non só, tamén o pensamento se expande en panorámicas e os rostros tamén se perfílan en primeiros planos. Actúan como se do amor real se tratase nunha conxunción única que os envolve e que os fai recrear un tempo outro onde o amor servía para esquecer a propia vida. Pero xamáis será posíbel. Eles, non pode escapar de si mesmos e configuran unhas coordenadas vitais que os encerran luctuosamente en círculos concéntricos dos que é imposíbel saír.. A fragmentación das personaxes infiren na posta en escena: pensamento, crudeza, movemento. No caos da naureza, m.duras escribe. No caos do amor, m.duras recita. No caos da mirada, m.duras filma. E esquece e dorme. E realiza filmes que son os dos abandoados, quenes tamén danzan. E tamén cantan. E viven, e morren, e aman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario