Cat power da luz á escuridade absoluta e de volta á luz.
Cando se pasa por tempos escuros é difícil voltar a ser unha mesma. A fama de cat power puido nun determinado momento con ela pero tamén o paso dos anos… quizáis este foi o factor principal do seu desconsolo: non volver ser xoven nunca máis (cando tiña que proclamar a consigna punk" be youth") nunca xamais ter a frescura do comezo porque como ela mesma di nunha entrevista“non quero repetir o mesmo”. E ser música supón facer xiras e xiras, por eeuu e o resto do mundo, e si, repetir nos concertos o mesmo disco de promoción e/ou as mesmas cancións máis míticas
A fama dicía e o paso dos anos. Ela estaba irrecoñecíbel, decrépita, asustada, mesmo tola. Pero con todo saiu desa situación de deterioro e continuou a cantar como se fora a primeira vez. Ese entusiasmo perdido fíxoa caer, caer e caer ata o mesmo inferno vital. Ninguén podía axudarlle, ela sairía soa. Podemos ve-la de novo en acción en NPR music Tiny Desk Concert[ . Ela que confiou en si mesma, no seu estilo, está de novo a carón dela propia. Cando todo parecía perdido, volve a escoitar aplasusos que esta vez si a reconfortan. Lembro con especial ilusión Speak for threes, unha grabación caseira[ na que certamente fala coas árbores, interactúa con elas e os pequenos paxaros que os habitan e todo semella ir ben, sen pensar no futuro, só na música e nas cancións é dicir no que para ela é importante. Pero a luz deixa paso as tebras, e saír supón un esforzo, grande, enorme pero necesario para escapar de tanta escuridade.
Cito tamén un dos meus discos favoritos de Chan Marshall, o Myra Lee que rezuma experimentación e vangarda do ’96. Máis de 20 anos na escena acredita a idea de que a fama pesa, e mesmo pode facer enfermar. Saír da espiral, implica trazar unha liña recta que nos leve de novo á luz. A ese lugar no que nos sentíamos ben; e ese lugar para ela é a voz, a música, a composición, para poder seguir cantando as cancións antigas sen odio e cantar as novas con motivación e sen rencor cara si.
Ningún comentario:
Publicar un comentario