OM, Antón lopo.
I . O libro comeza cunha cita de Lao- Tse... que facer contra esa imposibilidade de atopar o tao?
Un dos principios do Tao é que o nome que pode ser dito non é o nome eterno. É unha idea básica que, dun xeito ou doutro, empapa inluso o pensamento occidental. Agamben, por exemplo, defende que é imposible escribir poesía e iso, precisamente, fai necesario facelo. "Om" é un libro de mediados dos anos noventa do século pasado, cun período de escrita breve para o que é o meu ritmo de escribir poesía, aproximadamente dous anos. Trátase dun libro especulativo respecto dos estados mentais inducidos. O material literario básico parte, de feito, desa imposibilidade de escribir o poema e, ao tempo, do seu sinal. Sempre me obsesionou a invisibilidade, o que se dá e non vemos, aquilo que só pode manifestarse.
2. "pois nada Ile prace máis que terxiversar o destino"... raíces e constructio.. Somos posuidores do noso propio destino, ou se nos escapa?
O destino encaixa en nós como unha luva encaixa nunha man. A luva podemos perdela, é obvio.
Todo nós non só é susceptible de perderse senón que, inevitablemente, se desprenderá. Tendemos a ver a realidade con atributos. ISO, con frecuencia, impídenos detectar os significados do verbo. Esa é outra das ideas que cruza trasversalmente "Om". Nunca foi un libro moi comprendido. Sorpréndeme o teu interese por el.
3. "E hai algo sempre que ós homes non Ile interesa"... Á humanidade que é o que Ile interesa?
A humanidade, como especie, está limitada e os límites biolóxicos son moi estritos. Vémolo todos os días, a todas horas. Non me refiro só á morte, que tamén. Refírome á liberdade. Claro está, a
liberdade, como o poema, é imposible: por iso é tan necesaria. Podería pensarse que á humanidade o que máis Ile interesa é a xustiza (nas súas distintas vertentes) polo que de liberdade significa. Porén, parece interesarslle cada vez menos. O que máis Ile interesa é a etrnidade.
4. "As árbores recitan historias/deica o último da tarde/e cando enmudecen/perseguimos o xiro do horizonte"... Existe consciencia do poder que a natureza tén sobre nós. .. ? non falo de catástrofes senón de cada feito máis cotiá.. Ou é que a sociedade está demasido metropolizada?
Nada do que existe é alleo a nós e ningún de nós é alleo á terra. A natureza desa relación vai máis alá do biolóxico, da gravitación e da subsistencia. O que sucede actualmente é unha revolta sen precedentes na nosa historia: os humanos batallan pola súa independencia respecto desa simbiose, que é previa de Gaia. Estamos asistindo un cambio de paradigma. Podería dar a sensación de que "Orn" é un libro místico, pero en realidade non o é máis que calquera outro poema. Máis aínda: para min "Om" é un libro político. Ao mellor, resulta difícil visualizalo como un libro político polo seu envoltorio propedéutico, de éxtase.
5. "Bailamos ata nos transmitir a luz mensaxes/ e avirse un momento místico". É o baile un acto revolucionario?
O baile é unha forma de coñecemento e todo coñecemento é revolucionario. Forma parte tamén da éxtase, como ocorre no sufismo. O sufismo interésame moito. Aparece, sobre todo, nalgunhas pasaxes do meu traballo "Lampíricos".
6. Dis: "Os momentos místicos non son previsibles"... Este tipo de misticismo- o propio título OMque provén das culturas orientáis.. Como entra nas nosas vidas, fannos convertir en culturas híbridas?
Teño a impresión de que existe un lévedo común, propio da especie e común ás formas biolóxicas. A cultura nace do contacto. Se non hai contacto é improbable que haxa vida intelixente.
7. "As sensacións non se atrapan"... "Tampouco se atrapan os amantes". É o amor como un río que non se pode reter?
O amor é un intrumento revolucionario, aínda que os resultados da utopía romántica sexan con frecuencia decepcionantes. Poucos conceptos elaborou a mente humana tan poderosos como o do amor. Tampouco ningún outro concepto foi tan atacado, sexa desde a relixión como desde o estado. Se acaso, a xustiza e a igualdade, que ao cabo son tamén expresións do amor.
8. "cando emocionarse é insignificante"... Que precisamos para sentirnos vivos?
Ao mellor, estamos percibindo só un dos múltiples pregues da vida e hai moitas formas de estar vivo alén da que coñecemos. Algunhas persoas síntense vivas cando non teñen dor; outras cando a dor as tira do seu aillamento. Hai persoas que se senten vivas no exercicio do amor e outras só co do odio. As posibilidades de combinación son enormes. Eu creo que a inmobilidade é unha das formas que máis cerca nos coloca de sentirnos vivos.
9. "porque a satisfacción ven de repente/ e é todo un nada". A adrenalina de aposta-lo todo.. Que tanto hai de xogo na existencia?
Nese verso refírome en concreto á revelación, porque evidentemente "Om" é un libro que explora os fenómenos reveladores da metabolización. En canto ao xogo, é a primeira forma de sabedoría que aprendemos. Lémbrome vivamente cando comezamos a abandonar a infancia para adentrarnos na adolescencia e á maioría dos meus compañeiros de grupo deixaron de interesarlle os xogos infantís que practicabamos. Pareceume algo terrible porque xa entón me parecía que os xogos non tiñan idade: simplemente aprendes xogos novos que conviven cos previos. Gustaríame que O xogo me acompañase sempre.
IO. "entre os muros do labirinto diario"... De novo a idea de xogo e de incerteza. Chegamos a dominar, cantos aspectos? ( quizás ningún?)
A idea de dominación é turbadora. En parte, sabemos que non dominamos absolutamente nada. Pero tamén é certo que é posible aprender que nada, en realidade, nos domina, agás as deidades biolóxica, claro. Pero incluso a esas é posible adestralas. A adición, o vicio, a luxuria, poden converterse nun medio de coñecemento. O asasinato e o espolio son, en por si, un fracaso. Cando falo de coñecemento, non me refiro á intelixencia, a asimilación de datos ou a estratexia social. Dáse nunha especie de liberdade biunívoca.
11 . " e en chegando a noite, é territorio de nómadas". A festa, lugar do inesperado, do movemento, que relación ten cunha performance?
O rito é a primeira representación que existe. Pero na performance non hai, desde o meu punto de vista (existen moitas teses) representación. E tampouco é biografía, como unha festa, aínda que calquera performance teña incidencias biográficas.
12. "Ter alma non significa nada". Esa idea dunha alma cristiana á que pensó te refires, deixou de ter sentido. Entón no seu lugar que hai agora?
Paréceme un verso que non nega a existencia da alma, senón que denuncia a hipocrisía e crueldade dos que defenden a existencia da alma e dedican toda a súa vida a destruír o goce dos seus semellantes, con inquina e espoliación. Son xente despreciable. Administradores da mentira, malabaristas da capacidade de emoción allea: sinvergüenzas.
13. "Abrázame ata que nos estalen os dedos/ e as bestias nos teman". Cal é o poder dun abrazo?
Sen dúbida, a unión.
14. "como un día se crean as estrañas relación/que o cofre do destino non traiciona". Ese tipode relación... Poden con todo?
Creo que ese verso fai referencia á unión que xurde entre as persoas e que as fai manter o resto da vida lazos da fidelidade. A fidelidade non ten que ver co feito de verse todos os días, nin co matrimonio, nin co sexo, nin coa mestura de sangues. A fidelidade é un tesouro comunal.
15. Acabas o poemario falando do riso. A fin de contas: É preciso deixar a tristura?
O riso é o que pon en contacto as nosas vísceras co exterior: é o que nos abre ao cosmos.
Poucas cousas hai tan revolucionarias como o riso. É rebelde e provocador, profundo e sabio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario